Coma hai unha chea de anos, este 23 de xuño pola noite disputábase unha proba mítica polas rúas de Vigo, que por costume se caracteriza polo seu encanto especial e pola súa desastrosa organización, aínda que, todo sexa dito, mellora un chisco cada ano. ¿¿ Sería este o ano no que sairía todo ben??
Como este ano o señor Xavier Alonso anunciou a bombo e platillo que teriamos 300 plazas de aparcamento dentro do recinto portuario, sain de casa con mais tranquilidade, posto que a zona do Berbés non é un lugar precisamente doado para atopar aparcamento. Pero, oh sorpresa, cando pretendo acceder ó porto, atopome con 2 policias portuarios que nos impiden a min e a outros corredores acceder cos nosos vehículos ó recinto..... Non entendo nada, para que anuncian algo que despois é MENTIRA??? Non me interesa de quen é a culpa, se da organización, se do porto, se do alcalde, se de que calquera excusa é boa para que o alcalde da cidade e o do porto se pelexen....... Non o entendo...... E despois non queren que nos indignemos se ata nas cousas máis sinxelas antepoñen (estúpidos) intereses e vanidades persoais antes que o ben común..... En fin, que cun cabreo monumental e despois de moitas voltas conseguín atopar un sitio para aparcar alá onde Cristo perdeu a zapatilla.....Evidentemente, dende alí ata a saída (no Concello) andando a paso lixeiro xa fun quentando algo.....
Unha vez na Praza do Concello houbo xuntanza cos compañeiros do C.A.R. Marisqueiro para a foto de equipo e intercambiar experiencias e vivencias pasadas e futuras e tamén tempo para ver unha das imaxes típicas desta proba, a da xente quentando en círculo pola praza
Con puntualidade deuse xa a saída da proba e agardábannos case 8 kms de perfil favorable (ou ben chan ou costa abaixo, coa excepción dun tramiño en Tomás Alonso) e eu sentía que ía ben, non tan super como o ano pasado
pero tampouco ía forzando tanto como entón. O principio saín coa miña amiga e compañeira de equipo Tara , pero como levaba 15 días parada por culpa dunha lesión, a altura da rúa Pi i Margall deixoume ir só co meu ritmo. Entón comezaba unha nova proba para min, por sorte en todo momento me atopei cómodo, incluso nalgúns momentos reservón, e fun controlando o ritmo a base de non descolgarme dos grupos nos que me ía integrando. Trataba de que a miña presenza nos diferentes grupos durase o maior tempo posible, xa que isto tamén era un adestramento de calidade para min. En Tomás Alonso sufrín un pouquiño na pequena costa pero despois recuperei ben ata a saída a Beiramar. Nese momento ían 5kms e apenas levaba 29', ía a un ritmo boisimo sen case forzar a máquina (que gusto!!!) e sabía que só quedaba "llanear" durante outros case 3 kms e estaría feito. Así que neste tramo liso dediqueime a ir ó meu ritmo constante e funcionou de marabilla, adiantei a varias persoas que pagaron o esforzo de ir mais rápido do que deberían ó principio, e xa na última e (longuisima) recta posterior á rotonda da rúa Coruña conseguín enlazar cunha compañeira que sempre me saca aproximadamente uns 15" por kilómetro. E podo dicir que esta vez o chegar á súa altura freei un pouco o ritmo porque vía que ela non estaba tendo o seu mellor día e tirei dela ata a liña de meta (despois me explicaría que levaba un mes sen poder facer nada, non era normal que eu estivera á súa altura). Foi un gusto entrar na praza do Berbés entre os aplausos dos amigos (e tamén dos descoñecidos) tan satisfeito da carreira feita, cun tempo de 46'55" (a 6'/km) , mentres se ía preparando a fogueira e os atletas se afanaban en conseguir o seu merecido plato de sardiñas para festexar o solsticio de verán.....Que mellor maneira de facelo que entregados a unha noite de carreiras e a posterior festa o lado da cacharela e dando boa conta das sardiñas, aínda que no meu caso, lamentablemente, non puiden quedar pois o día seguinte o despertador non perdonaría o esforzo extra....... E ademais aínda me quedaba toda unha peregrinaxe ata o lugar onde conseguira aparcar...........
En resumo, unha proba emblemática con todo o bo e o malo que Vigo nos ofrece ós que corremos polas súas rúas pero cun ambiente que ata o de agora eu non vin en ningunha proba, ten algo especial e vale a pena correla se te olvidas de todo o que a rodea.