viernes, 9 de septiembre de 2011

8 setembro 2011 - Entreno para olvidar

Hoxe foi un fracaso absoluto de entreno. A idea era facer 14 kms a un ritmo aproximado de 7'/km pero por enésima vez o sol e o calor poideron ( e de que maneira) comigo. Escollín a ecopista empezando en Valença pois así tería territorio despexado (e non moi duro) para correr durante varios kilométros.  A cousa non empezou mal, ata o km 1,5 aproximadamente collín sombra e ía relativamente ben, pero a partir de aquí, tortura chinesa, sol , calor, sede, longas rectas e cada vez máis e máis lento, case se podería dicir que ía andando un chisco rápido. Eu quería pero non podía, incluso no punto de retorno, parei un chisco a estirar, pois a dor de cuadriceps e xemelgos era grande. Así volvín a poñerme en marcha con outros 7 kms por diante.... o principio parecía que podería mellorar algo, pero pasado pouco mais de 1km volvemos á mesma, o sol caíndo a plan e as miñas pernas quedando tesas como paus, literalmente ía arrastrado. Estábamo plantexando xa como un adestramento mental, como se fosen os últimos 7 kms dunha maratona na que fose desfondado, pero nin así, tras 4 kms de intenso sufrimento, decidín parar e facer os 2 ultimos kms andando, incluso así ía lento con pinchazos nos xemelgos. Penso que sufrín algo similar (aínda que menos grave, por suposto) que unha insolación ou golpe de calor,  ademais de que empecei o adestramento apenas 2 horas despois de comer, algo que non acostumo a facer nunca. Destas decisións erroneas se aprende e do sufrimento como o de hoxe tamén se saca rendimento no futuro, asi que borrarerei as malas sensacións do día e quedareime coas poucas poucas positivas , 14kms de exercicio físico, certo bo nivel de sufrimento mental e que a loita continua. E o  próximo sábado toca báscula, a ver se os esforzos e sacrificios serven de algo

viernes, 24 de junio de 2011

Fogueiras, mentiras e noite de carreiras

Coma hai unha chea de anos, este 23 de xuño pola noite disputábase unha proba mítica polas rúas de Vigo, que por costume se caracteriza polo seu encanto especial e pola súa desastrosa organización, aínda que, todo sexa dito, mellora un chisco cada ano.  ¿¿ Sería este o ano no que sairía todo ben??

Como este ano o señor Xavier Alonso anunciou a bombo e platillo que teriamos 300 plazas de aparcamento dentro do recinto portuario, sain de casa con mais tranquilidade, posto que a zona do Berbés non é un lugar precisamente doado para atopar aparcamento. Pero, oh sorpresa, cando pretendo acceder ó porto, atopome con 2 policias portuarios que nos impiden a min e a outros corredores acceder cos nosos vehículos ó recinto..... Non entendo nada, para que anuncian algo que despois é MENTIRA??? Non me interesa de quen é a culpa, se da organización, se do porto, se do alcalde, se de que calquera excusa é boa para que o alcalde da cidade e o do porto se pelexen....... Non o entendo...... E despois non queren que nos indignemos se ata nas cousas máis sinxelas antepoñen (estúpidos) intereses e vanidades persoais antes que o ben común..... En fin, que cun cabreo monumental e despois de moitas voltas conseguín atopar un sitio para aparcar alá onde Cristo perdeu a zapatilla.....Evidentemente, dende alí ata a saída (no Concello) andando a paso lixeiro xa fun quentando algo.....

Unha vez na Praza do Concello houbo xuntanza cos compañeiros do C.A.R. Marisqueiro para a foto de equipo e intercambiar experiencias e vivencias pasadas e futuras e tamén tempo para ver unha das imaxes típicas desta proba, a da xente quentando en círculo pola praza


Con puntualidade deuse xa a saída da proba e agardábannos case 8 kms de perfil favorable (ou ben chan ou costa abaixo, coa excepción dun tramiño en Tomás Alonso) e eu sentía que ía ben, non tan super como o ano pasado pero tampouco ía forzando tanto como entón. O principio saín coa miña amiga e compañeira de equipo Tara , pero como levaba 15 días parada por culpa dunha lesión, a altura da rúa Pi i Margall deixoume ir só co meu ritmo. Entón comezaba unha nova proba para min, por sorte en todo momento me atopei cómodo, incluso nalgúns momentos reservón, e fun controlando o ritmo a base de non descolgarme dos grupos nos que me ía integrando. Trataba de que a miña presenza nos diferentes grupos durase o maior tempo posible, xa que isto tamén era un adestramento de calidade para min. En Tomás Alonso sufrín un pouquiño na pequena costa pero despois recuperei ben ata a saída a Beiramar. Nese momento ían 5kms e apenas levaba 29', ía a un ritmo boisimo sen case forzar a máquina (que gusto!!!) e sabía que só quedaba "llanear" durante outros case 3 kms e estaría feito. Así que neste tramo liso dediqueime a ir ó meu ritmo constante e funcionou de marabilla, adiantei a varias persoas que pagaron o esforzo de ir mais rápido do que deberían ó principio, e xa na última e (longuisima) recta posterior á rotonda da rúa Coruña conseguín enlazar cunha compañeira que sempre me saca aproximadamente uns 15" por kilómetro. E podo dicir que esta vez o chegar á súa altura freei un pouco o ritmo porque vía que ela non estaba tendo o seu mellor día e tirei dela ata a liña de meta (despois me explicaría que levaba un mes sen poder facer nada, non era normal que eu estivera á súa altura). Foi un gusto entrar na praza do Berbés entre os aplausos dos amigos (e tamén dos descoñecidos)  tan satisfeito da carreira feita, cun tempo de 46'55" (a 6'/km) , mentres se ía preparando a fogueira e os atletas se afanaban en conseguir o seu merecido plato de sardiñas para festexar o solsticio de verán.....Que mellor maneira  de facelo que entregados a unha noite de carreiras e a posterior festa o lado da cacharela e dando boa conta das sardiñas, aínda que no meu caso, lamentablemente, non puiden quedar pois o día seguinte o despertador non perdonaría o esforzo extra....... E ademais aínda me quedaba toda unha peregrinaxe ata o lugar onde conseguira aparcar........... 

En resumo, unha proba emblemática con todo o bo e o malo que Vigo nos ofrece ós que corremos polas súas rúas pero cun ambiente que ata o de agora eu non vin en ningunha proba, ten algo especial e vale a pena correla se te olvidas de todo o que a rodea.

Éxitos que parecen fracasos (e non o son)

O sábado 18 de xullo acudín pola noite á localidade ourensán de Xinzo de Limia para disputar por cuarta vez a carreira nocturna desta vila. Para min é unha carreira especial, pois alá polo 2007 (descontando a carreira de Baiona do 1996 e unha solidaria en Pontevedra creo que en 2000)  foi a primeira vez dende que seguía o foro de Correr en Galicia que me animei a participar nunha proba.

Este ano as sensacións foron contradictorias, xa que a nivel persoal sentinme un pouco só, nesta proba sempre tivera compañía, un ano a miña muller, algún outro meu pai....tampouco había ninguén máis inscrito do meu equipo e cunha visión ràpida da xente que ía participar tampouco se vían a moitos "mega-pasteleiros" dos que somos habituais nas probas, máis ben a ningún.....

Sobre as dez da noite deuse a saída á proba, este ano cunha pequena modificación do percorrido (que implicaba uns 400 mts menos), e pronto vin que seriamos catro gatos no furgón de cola. Sen embargo, esa non era a miña guerra, o importante era o ritmo de carreira e ter a posibilidade alomenos de loitar por non ser o último. Como sempre, a carreira foi rapidisima para todos (cada un no seu nivel) e rematei satisfeito, pois a pesar de rematar o último (alguén diría que isto é un fracaso) conseguin correr por debaixo dos 6'/km, o cal para min é un grande éxito, tendo en conta as miñas "cualidades" físicas... E ademais sempre conseguín ir no grupeto final sen descolgarme e concentrado en manter o ritmo, polo que ademáis, para o meu aprendizaxe nas carreiras, é outro gran éxito...... Fracaso quedar o último?? Pode ser, pero máis grande é o éxito persoal de ir superando as túas propias barreiras........

domingo, 12 de junio de 2011

Carreira de Cambados 2011

O día prometía hoxe, unha temperatura agradable e o ceo encapotado, condicións ideais para correr, só faltaba que as pernas responderan. Así que sobre as 9 da mañá sain da casa dirección Cambados, pensando no obxectivo que me autoimpuxera para esta proba, facer aproximadamente 1h 2'. Durante estes últimos días tivera dúbidas sobre se o conseguiría ou non, coidaba que non sería capaz, que estaría máis ben sobre os 64', a pesar de que o meu adestrador, o gran Pedro sempre me dicía que o ía conseguir......

O chegar a Cambados xa se respiraba o ambiente de proba grande, aínda que este ano con menor participación (coincidían con esta, alomenos 4 carreiras repartidas unha por provincia, mais a nocturna de Celanova que se disputara onte). Dirixinme a recoller o dorsal e alí saudei a Oliveira, autentica "alma mater" desta fantástica proba, quen xa estaba desexando que rematara todo e poder quitar de enriba o stress das últimas semanas. Despois seguimos co ritual habitual das probas, última visita ó coche para botar un chisco de vaselina e colocar ben o dorsal e de novo me dirixo á zona de saída. Este ano tamén foi un chisco raro comparado co pasado, xa que foi neste mesmo lugar hai un ano onde se fraguou a miña incorporación  a esta gran clube e mellor familia do C.A.R. Marisqueiro e nesta ocasión  había moita menos representación (seica os malucos andaban por Portugal) apenas Pancho, os irmáns Abreu, Cheetos e TonioFrancia (esa ultramáquina que temos no equipo) .... Tamén como parte do ritual pre-carreira, aparte dun pequeno quecemento, tocaron as clásicas relacións sociais, saudando a moitos dos colegas do foro de Correr en Galicia, uns máis habituais e outros cos que había xa tempo que non coincidía. Impresionante tamén ver os grandes favoritos quecendo, gran nivel, Pedro Nimo, Hassan, Akka, Elías e para min unha sorpresa, o inmenso triatleta Javi Gómez Noya......

E chegaron as 11 da mañá, despois dunha "saidus interruptus" puxémonos en marcha e xa comprobei que este ano o "furgón de cola" estaba claramente desnutrido, faltaban xente como a nosa compañeira Gelu, Alberto (do Penta), Lore, Flip, etc. Digo que xa o comprobei porque enseguida me quedei na cola, por sorte acopleime os dous únicos corredores que non escaparan coa masa..... Eu notaba que ía ben, aguantáballes o ritmo, e o paso por meta na primeira volta confirmábao, apenas 19' 11" a un ritmo de 5' 45", demasiado forte para min nestes 3.3kms. Nada mais pasar por meta xa nos pasaron os primeiros clasificados como auténticas balas e os meus compañeiros de furgón dedicaronse a velos pasar e a tomar o 1º avituallamento con calma. Así que sin querelo quedei só nesta segunda volta, sen ningún obxectivo claro por diante e collendo vantaxe ó dúo de cola. Isto, unido o ritmo demasiado alto da primeira volta, fixo que aínda que eu non quería, pouco a pouco fose perdendo folgos e baixando o ritmo, aínda así pasei polo km5 en 29'25" aproximadamente, aínda a 5'53", e mellor marca nun 5000 da tempada..... Sufrindo e sendo doblado por algúns atletas completei a segunda volta, pasando nun tempo de 40' 21" (aproximadamente a 6'03") e facendo esta volta en 21' 10", a 6'21"/km. Só quedaba sufrir na última volta sen desfondarse moito para poder estar preto do obxectivo, a medida que ian pasando os kms 7,8 e 9 parecía factible aínda que estaría moi pelado, así xusto cando o reloxo marcaba 1h exacta enfilaba por terceira e última vez a empedrada recta de meta, o desafío estaba ó alcance da man e........SIIIIIIIIII, 1h 02' 26" (6.14/km), CONSEGUIDO aínda que rematei desfeito, gastara moitas forzas na primeira volta e tiven que tirar da reserva e da forza mental para non desfondarme na última volta (ó final 22'05", a 6.38/km). Pedro tiña razón, si que podía, aínda que teño que mellorar a táctica de carreira, sair a morte ata rebentar e despois aguantar coa reserva non me convence (aínda que é a táctica que mellor resultado me deu ata o día de hoxe...)

E despois do merecido descanso, avituallamento e estiramentos post-carreira volvín cara casa cun sorriso na boca e matinando no próximo ( cuádruplo ) obxectivo, intentar enlazar as Medias Maratonas de Porto, Vigo,  Pontevedra e Betanzos, durante o vindeiro outono......Seguiremos informando....