viernes, 24 de junio de 2011

Fogueiras, mentiras e noite de carreiras

Coma hai unha chea de anos, este 23 de xuño pola noite disputábase unha proba mítica polas rúas de Vigo, que por costume se caracteriza polo seu encanto especial e pola súa desastrosa organización, aínda que, todo sexa dito, mellora un chisco cada ano.  ¿¿ Sería este o ano no que sairía todo ben??

Como este ano o señor Xavier Alonso anunciou a bombo e platillo que teriamos 300 plazas de aparcamento dentro do recinto portuario, sain de casa con mais tranquilidade, posto que a zona do Berbés non é un lugar precisamente doado para atopar aparcamento. Pero, oh sorpresa, cando pretendo acceder ó porto, atopome con 2 policias portuarios que nos impiden a min e a outros corredores acceder cos nosos vehículos ó recinto..... Non entendo nada, para que anuncian algo que despois é MENTIRA??? Non me interesa de quen é a culpa, se da organización, se do porto, se do alcalde, se de que calquera excusa é boa para que o alcalde da cidade e o do porto se pelexen....... Non o entendo...... E despois non queren que nos indignemos se ata nas cousas máis sinxelas antepoñen (estúpidos) intereses e vanidades persoais antes que o ben común..... En fin, que cun cabreo monumental e despois de moitas voltas conseguín atopar un sitio para aparcar alá onde Cristo perdeu a zapatilla.....Evidentemente, dende alí ata a saída (no Concello) andando a paso lixeiro xa fun quentando algo.....

Unha vez na Praza do Concello houbo xuntanza cos compañeiros do C.A.R. Marisqueiro para a foto de equipo e intercambiar experiencias e vivencias pasadas e futuras e tamén tempo para ver unha das imaxes típicas desta proba, a da xente quentando en círculo pola praza


Con puntualidade deuse xa a saída da proba e agardábannos case 8 kms de perfil favorable (ou ben chan ou costa abaixo, coa excepción dun tramiño en Tomás Alonso) e eu sentía que ía ben, non tan super como o ano pasado pero tampouco ía forzando tanto como entón. O principio saín coa miña amiga e compañeira de equipo Tara , pero como levaba 15 días parada por culpa dunha lesión, a altura da rúa Pi i Margall deixoume ir só co meu ritmo. Entón comezaba unha nova proba para min, por sorte en todo momento me atopei cómodo, incluso nalgúns momentos reservón, e fun controlando o ritmo a base de non descolgarme dos grupos nos que me ía integrando. Trataba de que a miña presenza nos diferentes grupos durase o maior tempo posible, xa que isto tamén era un adestramento de calidade para min. En Tomás Alonso sufrín un pouquiño na pequena costa pero despois recuperei ben ata a saída a Beiramar. Nese momento ían 5kms e apenas levaba 29', ía a un ritmo boisimo sen case forzar a máquina (que gusto!!!) e sabía que só quedaba "llanear" durante outros case 3 kms e estaría feito. Así que neste tramo liso dediqueime a ir ó meu ritmo constante e funcionou de marabilla, adiantei a varias persoas que pagaron o esforzo de ir mais rápido do que deberían ó principio, e xa na última e (longuisima) recta posterior á rotonda da rúa Coruña conseguín enlazar cunha compañeira que sempre me saca aproximadamente uns 15" por kilómetro. E podo dicir que esta vez o chegar á súa altura freei un pouco o ritmo porque vía que ela non estaba tendo o seu mellor día e tirei dela ata a liña de meta (despois me explicaría que levaba un mes sen poder facer nada, non era normal que eu estivera á súa altura). Foi un gusto entrar na praza do Berbés entre os aplausos dos amigos (e tamén dos descoñecidos)  tan satisfeito da carreira feita, cun tempo de 46'55" (a 6'/km) , mentres se ía preparando a fogueira e os atletas se afanaban en conseguir o seu merecido plato de sardiñas para festexar o solsticio de verán.....Que mellor maneira  de facelo que entregados a unha noite de carreiras e a posterior festa o lado da cacharela e dando boa conta das sardiñas, aínda que no meu caso, lamentablemente, non puiden quedar pois o día seguinte o despertador non perdonaría o esforzo extra....... E ademais aínda me quedaba toda unha peregrinaxe ata o lugar onde conseguira aparcar........... 

En resumo, unha proba emblemática con todo o bo e o malo que Vigo nos ofrece ós que corremos polas súas rúas pero cun ambiente que ata o de agora eu non vin en ningunha proba, ten algo especial e vale a pena correla se te olvidas de todo o que a rodea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario